V Torneo Letras Galegas Espazo Xove Carballo

Este martes día 17 o club xadrez O Toque Xiria Calvo Carballo organizou o V Torneo de xadrez Letras Galegas patrocinado polo Espazo Xove de Carballo, pola mañana disputouse un torneo escolar ata a categoría sub14, e pola tarde un torneo por equipos con 8 clubes de toda a comarca.

No torneo escolar quedou 1º sub14 Sergio Vilacoba, 1º sub12 Mateo Veciño, 1º sub10 Rodrigo Lois e 1º sub8 Mario Garcia, cun total de 20 participantes.

O mediodía houbo una comida na Cervecería a Bombonera dos equipos do Xiria Calvo Carballo que participaron na liga galega rematada o mes pasado.

Pola tarde disputouse un torneo por equipos con 8 clubes por sistema liga e 4 tableiros por equipo, participaron o equipo local Xiria Carballo con 3 equipos, Guillán de Malpica, Frutas Fondo Irindo de Zas, xadrez Val do Dubra, xadrez Arteixo e Clubexa da Coruña cun total duns 40 participantes.

Houbo emoción na loita polos primeiros postos, todos os equipos participantes levaron un trofeo, finalmente a clasificación final foi a seguinte:

  1. Malpica 23
  2. Clubexa 22,5
  3. Carballo A 17,5
  4. Irindo 17
  5. Carballo B 10
  6. Carballo C 8,5
  7. Arteixo 7,5
  8. Val do Dubra 6

1º sub14 Sergio Vilacoba

1º sub12 Mateo Veciño
1º sub10 Rodrigo Lois
1º sub8 Mario García
3º Clasificado Carballo A
2º Clasificado Clubexa
Campión Guillán Malpica con Javier, Breogán, Diego, Iago y el presi del Xiria Javier

Author: administrator

Leave a Reply

Your email address will not be published.